publicidade hoxe

Reptigalia achega aos visitantes máis de 70 especies exóticas na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal Portada
A-
A+
Visitantes en Reptigalia

Visitantes en Reptigalia

O 11 de agosto inaugurouse na Cañiza REPTIGALIA. Unha exposición de máis de 70 especies exóticas con numerosas novidades, tanto en especies como na decoración dos terrarios que simulan o hábitat natural de cada animal e as fichas explicativas onde se mostran as características físicas, nome, procedencia, información biolóxica, alimentación e curiosidades de cada especie.

Os amantes destes animais tan comúns á vez que pouco coñecidos poderán gozar toda a semana de máis de 70 especies exóticas de anfibios, réptiles, insectos e artrópodos e mesmo tocalos baixo a supervisión dun profesional. Poderanse coñecer animais un pouquiño máis grandes como a “tartaruga xigante africana” ou “o varano” , pasando por geckos, tarántulas, pitóns, insectos folla e pau e tamén os máis pequenos como a “ra de ollos vermellos”.

A exposición está composta por uns 60 terrarios de distintos animais, adaptados ao tamaño de cada especie. Están totalmente acondicionados e decorados segundo as necesidades dos animais que albergan e recrean o hábitat de cada un deles, composto por plantas naturais, troncos e iluminación adecuada.

A exposición conta con diferentes tipos de ecosistemas representados: acuáticos, tropicais, terrestres e desérticos e pódense visualizar iguanas, camaleones, serpes, tartarugas, tarántulas e pequenos crocodilos.

12 de agosto de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.