publicidade hoxe

Rafael Louzán visita o recinto remodelado da feira do Mosteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Louzán na visita ao recinto

Louzán na visita ao recinto

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou esta tarde as obras de remodelación do recinto da feira do Mosteiro.

Louzán subliñou a “relevancia desta obra”, que permitiu corrixir as numerosas deficiencias que presentaba, coma goteiras, problemas nos piares e un considerable desgaste do solo.

Os traballos realizados permitiron renovar o teito, reparar os piares e acondicionar o solo, así como acometer unha mellora integral do contorno, que incluíu o pintado do inmoble e a pavimentación.

Trátase, puntualizou o presidente da Deputación, dunha primeira actuación, que “permitirá que un evento central neste concello, como é a Festa do Cabalo, poida desenvolverse este venres nas mellores condicións”.

A remodelación continuará coa pavimentación do interior do recinto, para o cal a Deputación xa concedeu ó Concello unha achega de 60.500 euros.

O titular da Administración provincial fixo fincapé no papel dinamizador que exerce o recinto da feira do Mosteiro, que acolle cada 15 días unha feira de gando moi concorrida –que é xa unha referencia na comarca e nos arredores–, pero tamén outras celebracións coma esta Feira Anual do Cabalo e numerosos eventos relacionados cos equinos. De feito, este é o centro de reunión das diferentes rutas do cabalo que ó longo do ano saen ou pasan polo Salnés, e que adoitan ser catro ou cinco cada ano.

13 de agosto de 2014 | 20:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.