publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Publícase a veda a pesca no tramo entre a Ponte da Poeira e o final do paseo de Mondariz- Balneario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMondariz
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se veda a pesca nun tramo de 2,6 quilómetros do río Tea ao seu paso polo Concello de Mondariz.

O treito afectado discorre entre a Ponte da Poeira e o Final do Paseo de Mondariz- Balneario. Esta veda fundaméntase na necesidade de favorecer a recuperación da fauna do río, tras o impacto causado polo vertido rexistrado o 1 de agosto. A veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada de 2015.

Suceso en Mondariz

Na actualidade, os niveis de PH están volvendo á normalidade que era o obxectivo prioritario por seguridade das persoas e do medio ambiente. Medio Ambiente xa está a traballar nas accións necesarias para a recuperación da fauna e da flora dese treito de río, para o que é necesario agardar aos resultados das análises sobre a afección que están realizándose no laboratorio de Medio Ambiente de Galicia e que estarán ó longo desta semana. Cómpre lembrar que nesta tarefa é preciso a implicación de tódalas administracións e, por suposto, da empresa causante do vertido.

O pasado 1 de agosto rexistrouse un vertido de sosa caústica que provocou a morte unha importante cantidade de peixes e animais invertebrados, así como danos na flora das marxes deste tramo fluvial. A Dirección Xeral de Conservación ten aberta a tramitación dun expediente, para determinar a sanción que se imporá á entidade por este delito ambiental, polo que a finais desta semana se contarán coas analíticas e informes das mostras remitidas ao laboratorio da Xunta que determinarán o alcance da sanción.

Dende o primeiro momento, cando se recibiu a alerta, a Xunta de Galicia activou o protocolo habitual, coa presenza de técnicos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, toma de mostras, recabación de información para avaliar in situ o acontecido, as posibles causas e a adopción de medias correctoras.

6 de agosto de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.