publicidade hoxe

Permanece estable dentro da gravidade a muller de Chantada que recibiu un disparo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+
Europa Press

A muller de 32 anos hospitalizada no Hospital Lucus Augusti tras recibir un disparo, supostamente, da súa parella en Chantada (Lugo), Sonia F.D., permanece “estable dentro da gravidade”.

Confirmouno o propio centro hospitalario, que sinalou que segue na UCI e que o seu estado é “moi grave” tras a operación que se lle practicou para extraer unha bala da súa cabeza.

Sonia F.D. recibiu sobre as 21,20 horas un disparo cando se atopaba no interior do establecemento no que traballaba ás ordes de A.F., a súa parella, momentos antes de que o local abrise para aproveitar a última xornada da Festa da Empanada de Chantada.

Actualmente, A.F., dono da Hamburguesería Piscis de 41 anos de idade, atopa detido en dependencias da Garda Civil da citada localidade lucense e non se prevé que sexa posto ao longo desta xornada a disposición xudicial.

A investigación, segundo as fontes consultadas, intenta ratificar que se trata dun novo caso de violencia de xénero tras o acontecido o pasado luns en Barro (Pontevedra).

27 de agosto de 2014 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.