publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Permanece activo un incendio forestal na parroquia de Candeda en Carballeda de Valdeorras

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Candeda.

O lume iniciouse ás 20:14 horas de onte e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 70 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio levan participado 2 técnicos, 5 axentes forestais, 18 brigadas, 12 motobombas, 2 pás, 2 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

26 de agosto de 2014 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.