publicidade hoxe

Pasa a disposición xudicial o hostaleiro de Chantada que tiroteou á súa parella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

O home que disparou á súa parella na localidade lucense de Chantada, A.F., pasou este venres a disposición xudicial pasadas as 10,30 horas.

Tras confesar os feitos ante a Garda Civil ao día seguinte da súa detención, agora deberá prestar declaración ante a titular do xulgado de instrución de Chantada, Elvira Cangado.

Para iso, este home de 41 anos propietario dunha hamburguesería -na que a vítima traballaba como camareira- foi trasladado desde os calabozos da Garda Civil por unha patrulla de reforzo.

Pola súa banda, a vítima, Sonia F.D., de 32 anos de idade, continúa estable dentro da extrema gravidade na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

29 de agosto de 2014 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.