publicidade hoxe

Palas de Rei, Melide e Toques convenian pola mellora da eficiencia enerxética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelidePalas de ReiToques
A-
A+
Reunión dos tres rexedores

Reunión dos tres rexedores

Os Concellos de Palas de Rei, Melide e Toques firman un convenio para materializar unha axuda aportada polo INEGA para a mellora e eficiencia enerxética dos tres municipios.

O importe total desta actuación de aproximadamente 140.000 euros, será cuberta nun 87% por parte da Consellería de Industria a través do INEGA. Os Concellos participantes con está axuda realiaran importantes melloras nos alumeados públicos, afectando a rúas do casco urbán e varias rúas que confluen no cuadro da Martagona en Melide; a avenida de Ourense e a zona das instalacións do novo cuartel da Guardia Civil en Palas de Rei; e actuacións na Ponte Queimada e Bragaña en Toques.

Con esta actuación na que se sustituirán a maioria das lámparas existentes por modernos sistemas led de iluminación, así como, se instalarán novos puntos de luz donde sea necesario o que redundará nun aforro total anual duns 25.000 euros. Os alcaldes: Pablo Taboada (Palas de Rei), Ánxeles Vázquez (Melide) e José Antonio Castro (Toques) firmaron o convenio de colaboración e destacaron a unión dos Concellos para acadar importantes axudas que de xeito individual sería imposible. Os rexedores, destacaron a armonía dos tres Concellos unidos pola Serra do Careón (zona de interés natural-rede natura 2000), o camiño primitivo a Santiago e numerosos lazos familiares entre veciños de ámbolos tres municipios.

4 de agosto de 2014 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.