publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os profesionais do mar de Camariñas fórmanse nas experiencias de turismo mariñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

Hoxe ao mediodía tivo lugar na Casa da Pedra, con moi boa acollida, a presentación das Xornadas de Turismo Mariñeiro para os profesionais do mar enmarcadas no programa formativo do “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”. En xuño e xullo pasado, comezaron a impartirse as accións formativas teórico prácticas destinadas á creación da Rede de Turística de Camariñas.

As Xornadas de Turismo Mariñeiro están divididas en cinco reunións, contando o evento de hoxe, que terán lugar ata o 25 de agosto no Centro de Iniciativas Informáticas. As temáticas a tratar serán transversais para darlle a oportunidade aos participantes de que adquiran os coñecementos que lles permitan crear no futuro inmediato as súas propias experiencias de turismo mariñeiro.

_Introdución ao Turismo Mariñeiro e sesión práctica sobre como deseñar unha actividade turística. Mércores 13 de agosto ás 09:30h

_Obradoiro de experiencias con empresarios galegos. Luns 18 de agosto ás 10:00h

_Excursión pola vila mariñeira de Camariñas. Xoves 21 de agosto, ás 10:00h

_Experiencia piloto de turismo mariñeiro. Luns 25 agosto, ás 10:00h

O Concello de Camariñas entregará certificacións de asistencia e contidos a quen que realice as 5 actividades. Os interesados, profesionais do mar, mariscadoras ou familiares, aínda se poden inscribir na Casa de Pedra de Camariñas.

O “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo” é un proxecto enfocado ao desenvolvemento dun produto turístico unido ao mar, á dinamización da vila e do sector turístico para ofertar un mellor servizo e facer un destino máis atractivo e cohesionado. Promovido polo Concello de Camariñas, está financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira, GAC3 Costa da Morte.

8 de agosto de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.