publicidade hoxe

Os Cigarróns de Verín participarán no Festival Internacional de Macedo dos Cavaleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVerín
A-
A+

Os días 21 e 22 de agosto, Macedo dos Cavaleiros acolle a edición número catorce do Festival Internacional de Música Tradicional. Cigarróns e a Banda de Gaitas do Concello de Verín está previsto que participen nas actividades de animación de rúa vespertinas e nocturnas previas ao comezo dos concertos.

No XIV Festival Internacional de Música Tradicional actuarán como cabeceiras de cartel os grupos Andarilhos (música tradicional portuguesa), Tango Querido (cuarteto arxentino), Galandum Galundaina (música tradicional mirandesa) e Raúl Olivar, que leva co seu cuarteto o flamenco aos concertos deste evento.

Macedo dos Cavaleiros é unha pequena cidade portuguesa do distrito de Braganza. A través do Geoparque Terras de Cavaleiros, fomenta un turismo cultural e de natureza coa Albufeira de Azibo como principal atractivo. A albufeira, a 2 km da Cidade, está catalogada como “paisagem protegida” polo seu patrimonio natural e paisaxístico, e foi “Maravilha Vencedora no ano 2002” no Certame de Praias de Albufeiras e Lagoas “Maravilhas-Praias de Portugal”. O seu atractivo singular esténdese por unha área de 410 ha, chegando a auga a 56 metros de profundidade, e conta nas beiras con dúas praias fluviais cos selos Bandeira Azul e Praia Acesível.

12 de agosto de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.