publicidade hoxe

Ortigueira, Cariño e Mañón renovan o convenio que estende a atención do CIM Ortigueira a outros municipios de Ortegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCariñoLocal PortadaMañónOrtigueira
A-
A+

Os gobernos locais de Ortigueira, Cariño e Mañón reeditan por terceiro ano consecutivo o convenio para estender os servizos do CIM de Ortigueira a outros municipios de Ortegal. O acordo de cooperación permitirá que as veciñas das tres localidades asinantes se sígan beneficiando gratuitamente da atención psicolóxica e xurídica que ofrece o organismo ortegano.

O acordo intermunicipal, subscrito á proposta de Rafael Girón, foi pioneiro no seu momento e reflicte o firme o compromiso dos mandatarios implicados por blindar este servizo público, seguir avanzando en materia de igualdade de oportunidades e mellorar a prevención e atención que se presta ás vítimas de violencia de xénero.

En virtude da prórroga subscrita, o CIM do Concello de Ortigueira, situado na Alameda do municipio, garantirá, de maneira totalmente gratuíta, orientación xurídica e apoio psicosocial ás preto de 5.700 mulleres dos tres municipios que así o demanden. Ademais, posibilitará seguir ampliando o alcance das campañas de sensibilización e que veciñas dos tres municipios participen nas distintas actividades impulsadas.

O convenio, asinado por primeira vez no verán de 2012, permitiu aos municipios de Cariño e Mañón, que carecen de CIM, mellorar a atención e información en materia legal, de recursos, de orientación laboral e psicolóxica que prestan ás usuarias dos seus Servizos Sociais, ao poder derivalas a este servizo especializado. Pola súa banda, ao liderar a agrupación, Ortigueira vese beneficiado na repartición das axudas convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade e Fondo Social Europeo para apoiar o funcionamento deste tipo de centros.

Na actualidade, segundo apúntase desde o CIM, dependente da Concellaría de Benestar Social, a porcentaxe de usuarias procedentes doutros municipios de Ortegal alcanza xa o 20% do total de consultas rexistradas.

Esta agrupación de concellos de Ortegal mereceu unha “mención especial” nos Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2012, convocados pola Xunta de Galicia para distinguir as mellores iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos.

28 de agosto de 2014 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.