publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O X Trofeo Acimut Norte de Cruceiros volve á escena na Ría de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilaboa
A-
A+

Todo a punto para que este sábado ás 15.30 horas dea comezo a 10ª Edición do Trofeo Acimut Norte que organiza o Fondeadero de San Adrián de Cobres coa colaboración do Náutico de Cobres. A clásica por excelencia na Ría de Vigo como final do verán.

As previsións de vento non son excelentes, pero tampouco malas do todo, xa que se esperan ventos medios a frouxos do Noroeste-Oeste. Iso si, moito sol e altas temperaturas.

Novamente incluíuse a flota de barcos menores de 23 pés (6,95 metros de eslora) que corren en tempo real e entre os que destacan algún como o “MARIAVERA”, “CAMELOT”, “CORVOMORÁN”, “MADEIRA SEGUNDO”, a “PUNTA LAGOAS” e o recentemente adherido, o portugués “DON PANSA”.

E na flota ORC, barcos tan potentes como son o 40.7 “STARFIGTHER” de Julio Rodríguez, así como o “UNUS” (IMX 332) de Luís García (gañador desta regata en varias edicións), o “ALTAMAR 10” que con vento ten as súas opcións, ou o “MENUDETA”, un Sun Legende 41 que defende o seu título do ano pasado aquí e que vén de facer un excelente papel na Rías Baixas. Tamén se suman á regata os barcos modelo J80 que se están implantando como flota monotipo polas rías baixas, destacando entre eles o “NAMASTE” de Luís de Mira.

En ambas as xornadas realizaranse percorridos costeiros dunhas 12 a 15 millas de lonxitude total pola ensenada de San Simón, ponte de Rande, Moaña, Cangas e A Guía como puntos de virada e con saídas e entradas nas inmediacións do fondeadero de San Adrián.

Como diciamos, a saída o sábado ás 15.30 h. e o domingo ás 13.00 h.

29 de agosto de 2014 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.