publicidade hoxe

O Tirapedras triunfou en Melide e Manuel Mato resultou o vencedor absoluto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaMelide
A-
A+
Os gañadores nas categorías de adultos e infantís do campionato de Tirapedras de Melide

Os gañadores nas categorías de adultos e infantís do campionato de Tirapedras de Melide

De notable éxito pode cualificarse o VIII Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide no día de hoxe e no que participaron un total de 61 competidores, dos dous sexos e de todas as idades. Entre os participantes atopábanse tanto melidaos e melidás residentes como outras persoas que se encontran pasando as súas vacacións na comarca, e mesmo visitantes circunstanciais e persoas chegadas expresamente para participar no evento. Especialmente significativo foi o número de nenos/as participantes que acadaron o número de 25.

O Campionato, que persegue contribuír á recuperación dos espazos tradicionais de xogo existentes no casco histórico de Melide, foi organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, contando co patrocinio do coñecido establecemento local Adega “Mandil”, e co apoio do Concello de Melide, da Sociedade de Pesca Deportiva “Ponte Mazaira” e da Comisión de Festas de San Roque.

O gañador absoluto da presente edición do Campionato foi o experimentado tirador melidao Manuel Mato, clasificándose en segundo e terceiro lugar, respectivamente, José Cajide e Manuel Taboada. En categoría infantil, o gañador foi Iago Álvarez, obtendo o segundo lugar Cristhian Garea e o terceiro Sergio Cajide.

Por terceiro ano consecutivo, os tiradores/as reuníronse na emblemática Praza das Coles. As persoas adultas lanzaron a 10 m de distancia contra tres dianas. Os menores fixérono a 5 m. tamén contra tres dianas. Cada lanzador/a dispuxo dun total de seis intentos.

As persoas gañadoras foron os seguintes:

a) Menores de 14 anos:

1º Iago Álvarez.

2º Cristhian Garea.

3º Sergio Cajide.

 

b) Persoas adultas:

1º Manuel Mato.

2º José Cajide.

3º Manuel Taboada.

20 de agosto de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.