publicidade hoxe

O rexedor de Chantada sostén que ninguén podía presaxiar que algo así puidese ocorrer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Chantada, o independente Manuel Lorenzo Varela, lamentou este mércores os feitos acaecidos nesta localidade lucense, onde un home, supostamente, disparou contra a súa parella, que se atopa en estado crítico na UCI do Hospital Lucus Augusti (HULA).

“Ninguén podía presaxiar que algo así puidese ocorrer, non había ningún tipo de denuncia anterior a este feito de violencia”, explicou o rexedor, para concretar que non constan comunicacións de malos tratos nin ante a Garda Civil nin ante o Centro de Atención á Muller.

Sexa como sexa, subliñou que se trata “dun feito lamentable” que “quedará para sempre na historia da Festa da Empanada de Chantada”, cuxa verbena foi suspendida tras coñecerse este feito e o atropelo mortal dunha moza de 25 anos menos dunha hora máis tarde.

En canto á parella, Varela relatou que A.F. “era un home coñecido no mundo da hostalaría” e que “desde que se independizou fíxose coa hamburguesería” onde se produciu o disparo; mentres que, de Sonia F.D., aseverou que “tamén era moi coñecida”.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Como explicaron fontes da Garda Civil, o presunto agresor -A.F., de 41 anos, parella de Sonia F.D. e dono da Hamburguesería Piscis, onde ela traballaba como camareira- atópase en dependencias da Garda Civil de Chantada.

Agora, a investigación traballa para confirmar que se trata dun novo caso de violencia de xénero en Galicia, despois de que o luns un home matase de dous tiros á súa muller e despois se suicidase na súa vivenda de Barro (Pontevedra).

Polo momento, Sonia F.D., de 32 anos de idade, atópase na UCI do HULA en estado “moi grave” despois de ser intervida de urxencia para extraer a bala da súa cabeza.

27 de agosto de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.