publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Real Club Náutico Portosín organiza o Campionato Galego de Cruceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaDeportesDeportes PortadaFisterraMurosNoiaPorto do Son
A-
A+

Os próximos 22, 23 e 24 de agosto o Real Club Náutico Portosín organizará o Campionato Galego de Cruceiros, unha cita velística de alto nivel na comunidade, enmarcada na XVI edición da regata Mar de Finisterre do náutico portosinense e IV do Trofeo REPSOL.

galega de cruceiros

Foto: Juan Caballero

 Aproximadamente unhas 30 embarcacións serán as que optarán polo título, durante tres xornadas de competición que terán como referencia a Ría de Muros-Noia, co aliciente dunha proba costeira longa que terá o seu punto intermedio no mítico Faro do Carrumeiro Mozo, na ensenada de Fisterra, na bocana de entrada ao Río de Corcubión.

Esta simbiose de trazados costeiros cos coñecidos bastóns (barlovento-sotavento) son o eixo do programa deportivo que o Real Club Náutico Portosín prepara para o tres días do campionato, un evento que se realizará grazas ao patrocinio de Repsol e a colaboración da Xunta de Galicia, Deporte Galego, a Federación Galega de Vela, o Concello de Porto do Son, Frinsa, Gadis e Sailselect.

 O Top ou bocinazo á primeira proba darase ás 16.30 horas do próximo venres 22 de agosto.

18 de agosto de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.