publicidade hoxe

O pleno de Poio mostra o seu respaldo á iniciativa para promover e instituir o Día da Galiza Mártir

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

O pasado mes de novembro, o pleno da corporación municipal do Concello de Poio aprobaba por unanimidade adherirse á petición da Fundación Alexandre Bóveda, que insta ao Parlamento de Galicia

– A declarar e instituir como “Día da Galiza Mártir” o día 17 de Agosto de cada ano, con carácter de celebración nacional na Comunidade Autónoma de Galiza e xornada non laborábel no seu ámbito territorial, en memoria e homenaxe de todos/as os/as cidadáns e cidadás galegos/as que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional daquela vixente, no 1o Estatuto de Autonomía de Galiza, plebiscitado o 28 de Xuño de 1936.

.- A incoar a revisión do proceso seguido e condena a morte ditada contra o
dirixente do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda Iglesias, por un tribunal das forzas antidemocráticas sublevadas contra do réxime constitucional da IIa República española, e executada en Poio o día 17 de Agosto de 1936.

.- A rehabilitar, de xeito institucional, pública e políticamente a figura de Alexandre Bóveda Iglesias e, simbólicamente expresada nela, a de todos/as os/as cidadáns e cidadás mortos/as en Galiza, a partires de Xullo de 1936, en defensa da mesma causa pola que foi executado Bóveda.

.- A promover institucionalmente a celebración de actos protocolares da devandita rehabilitación pública e política para o primeiro “Día da Galiza Mártir” que se conmemore.

13 de agosto de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.