publicidade hoxe

O peirao de Arcade acolle o concerto da Roda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSoutomaior
A-
A+

Unha banda que non necesita presentación tras máis de 20 anos sobre os escenarios.O grupo A Roda, despois de corenta anos de andaina volve subirse a percorrer Galicia co seu último traballo, “Outra volta de Roda”, no que recuperan os seus temas de sempre, aqueles que se converteron en auténticos himnos para varias xeracións de galegos. O seu próximo concerto será este domingo 3 de agosto no escenario do Peirao de Arcade.

Forman parte da mitoloxía da música galega ao compor algúns dos himnos máis recoñecidos en calquera evento festivo. Todos os galegos cantamos algunha vez o “Miudiño” ou “O Gato” durante unha celebración. Cancións que volverán soar este domingo a partir das 22:30 horas no Peirao de Arcade, unha contorna con que o que se pretende potenciar o conxunto dunha noite dedicada ás tradicións e o folclore típico de Galicia. Unha cultura que dalgún modo reafirma os lazos de convivencia entre os veciños e os turistas que visitan Arcade.

A actuación da Roda únese ao considerable número de actividades culturais que se desenvolven no Concello de Soutomaior durante o verán, especialmente no apartado musical, onde ademais deste concerto destacan o ofrecido polo grupo “La década prodigiosa” o pasado fin de semana, as dúas representacións da Escola de Música de Arcade e o “Festival Rock”, que se celebrará o próximo 23 de agosto e que pechará a axenda de actividades deste verán en Soutomaior.

1 de agosto de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.