publicidade hoxe

O obradoiro de emprego San Antón recuperará a escola de Berrande e a capela do San Antón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerínVilardevós
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu aos concellos de Verín e Vilardevós o obradoiro de emprego ‘San Antón’ para a formación de 20 persoas desempregadas de ambos municipios, nas áreas de xardinería, albanelaría e carpintería.

Este obradoiro, de seis meses de duración, ten por obxecto a formación das persoas participantes no mesmo así como favorecer a súa inserción laboral, ademais de ofertar a posibilidade da obtención do título de ESO ao/ás alumnos/as que non o posúan. As actuacións que realizarán devanditos/as alumnos/as son as de rehabilitación da capela do San Antón e acondicionamento do seu contorno, rehabilitación parcial da antiga escola de Berrande para albergar un centro social e mantemento das áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas de A Granxa.

Na capela de San Antón a finalidade da actuación é a rehabilitación da mesma, o acondicionamento da seu contorno, así como a revalorización do patrimonio artístico, cultural, arquitectónico e arqueolóxico existente na zona. Para acadar este cometido levaranse a cabo diferentes actuacións sobre a edificación, realizadas polos módulos de carpintería e albanelaría como son o tratamento de parámetros, substitución da cuberta e preinstalación de electricidade e iluminación. O módulo de xardinería será o encargado de acondicionar o contorno inmediato mediante o desbroce, limpeza,, pavimentación, colocación de bancos de pedra e valados.

Mentres que no referente á antiga escola de Berrande o obxecto primordial da intervención é dotar a esta localidade do municipio de Vilardevós dun lugar de encontro, un centro social, que acade as condicións óptimas para o seu funcionamento, tratando de mellorar o desenvolvemento social de devandita localidade. Por este motivo, efectuarase a rehabilitación parcial desta antiga escola, coa mellora da rede de saneamento, colocación de novo pavimento, colación de portas e fiestras e adecuación de novos espazos.

Nestas dúas actuacións participarán os 9 alumnos/as de albanelaría, 6 de carpintería e 5 de xardinería. Estes últimos tamén realizarán labores de mantemento das áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas de A Granxa, nas que se efectuarán actuacións de replantación de céspede e especies vexetais en mal estado, traballos de poda, mantemento dos pavimentos de xabre ou restauración de valado de madeira de zona infantil existente, entre outras.

14 de agosto de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.