publicidade hoxe

O mes de agosto despídese en Culleredo cunha nova edición da Feira da Reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Para despedir o mes de agosto, o vindeiro domingo día 31 celébrase a terceira edición do mercado “Feira da Reciclaxe”. Un evento que se está consolidando no concello de Culleredo e os seus arredores, como unha alternativa ao consumo actual, primando a cultura das tres erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar e a solidariedade.

A “Feira da Reciclaxe” que organiza Ins3rtega en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego de Culleredo e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes (AGVA) celebrarase de 10:30 a 20:00 na chaira á beira do Paseo do Burgo, na zona que se denomina Espazo Multiusos do Paseo Marítimo. Ten carácter solidario, xa que a organización fará unha doazón en alimentos de parte das taxas de cada un dos postos de profesionais que participan e tamén se recollerán alimentos nunha zona habilitada para iso. Todo isto doarase ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo. Ademais parte da feira fórmano proxectos sociais e/ou solidarios que venderán e exporán os seus artigos de artesanía ou 2ª man e ademais daranse a coñecer.

Na feira poderanse atopar artigos de coleccionista, como moedas e billetes antigos, bonecas e vinilos, artigos de 2ª man, como libros, roupa, xoguetes, vaixelas…. e tamén moita artesanía a partir de materiais reciclados e artesanía máis tradicional.

28 de agosto de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.