publicidade hoxe

O Marisquiño Vigo acollerá a Copa Mundial de Skate en 2015 tras recibir máis de 100.000 visitantes nesta edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press
Espectáculo no Marisquiño

Espectáculo no Marisquiño

O festival Arnette O Marisquiño volverá acoller o próximo ano, na que será a súa XV edición, unha das probas do campionato mundial de skate ou monopatín, a ‘World Skateboarding Cup’, despois de que estivese presente este ano por primeira vez en España.

Así o comunicou a organización do evento, despois de que a dirección deste campionato tomara a decisión de volver incluír Vigo dentro do seu calendario internacional, tras o éxito conseguido esta pasada fin de semana, na que se rexistraron máis de 100.000 visitantes en tres días.

Ademais, a retransmisión en streaming (ou en directo a través de Internet) tamén permitiu incrementar o impacto do festival, ao alcanzarse picos de conexión de ata 25.000 persoas á vez dende distintos países de Europa, América e Asia.

Desta forma, acoller en 2015 unha nova edición da copa do mundo de skate permitirá “consolidar” a internacionalización conseguida este ano para a cidade olívica e para O Marisquiño, que xa é un dos festivais “de referencia en Europa para deportes extremos e cultura urbana” e que xera un retorno económico en Vigo e a súa área duns 12,5 millóns de euros.

12 de agosto de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.