publicidade hoxe

O Kaiak Tudense perseguirá o título de campión da liga Nacional de Pista en Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+

O Kaiak Tudense tentará conseguir este fin de semana en Trasona (Asturias) o título de campión da liga Nacional de Pista. Para iso terá que clasificarse entre os dous primeiros na clasificación final por clubs. Os seus grandes rivais son o Náutico de Sevilla e o Club Piragüismo Aranjuez. O Campionato de España de Pista disputarase o venres, sábado e domingo e contará cunha ampla representación galega.

Despois de imporse no Campionato de Inverno en Sevilla, o club tudense busca outro dos seus grandes desafíos para a actual tempada. Ten todo ao seu favor para conquistar o título nacional de pista. Para poder logralo, o club contará con trinta padexeiros en Trasona.

Á cita tamén acudirán case todos os equipos galegos. O Breogán do Grove, Ponteceseures, As Torres Romaría Viquinga, Poio Conservas Pescamar e Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra foron os que mellores resultados lograron nas pasadas edicións.

No Campionato de España de Pista estarán presentes moitos dos padexeiros que participaron no pasado Campionato do Mundo en Moscova. Entre eles destaca a presenza de David Cal, que está inscrito na modalidade de C-1 1.000 metros e tamén a distancia de 500 metros.

14 de agosto de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.