publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O veciño de Chantada que disparou á súa parella é conducido aos calabozos tras participar en tres rexistros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

O home que o pasado martes disparou na cabeza á súa parella nun bar do municipio lucense de Chantada, Antonio F., foi novamente trasladado aos calabozos da Garda Civil ao redor das 13.30 horas deste xoves, tras participar desde as 9,45 horas nos rexistros efectuados na hamburguesería Piscis, o seu domicilio e o dos seus pais.

Os investigadores entraron na hamburguesería onde ocorreron os feitos acompañados pola titular do Xulgado de Instrución de Chantada, Elvira Cangado, para realizar en presenza do agresor unha reconstrución do ocorrido o pasado martes, cando Fernández disparou na tempa á súa parella. Ademais, a Garda Civil inspeccionou o local con cans de rastrexo.

Ao redor das 11,45 horas, abandonaron o establecemento para dirixirse ao domicilio de Antonio F., onde estiveron aproximadamente unha hora. A continuación, desprazáronse á vivenda dos seus pais, na mesma rúa, da que saíron en apenas quince minutos.

Ás 13,30 horas, o agresor foi novamente conducido aos calabozos da Garda Civil. Á entrada e saída dos edificios o home cubríase a cara cunha chaqueta.

Sonia Figueroa continúa ingresada na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Universitario Lucus Augusti e o seu estado é estable dentro da extrema gravidade.

28 de agosto de 2014 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.