publicidade hoxe

O exrexedor de Vigo pide unha comisión que investigue unha trama organizada de enchufismo no concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+
Europa Press

O exalcalde socialista de Vigo Carlos González Príncipe denunciou que no Concello hai unha suposta “trama organizada” de “enchufismo” dirixida “por Cabaleiro”, polo que pediu que as comisións executivas federal (CEF) e galega (CENG) do PSOE abran unha investigación para a súa “depuración”.

Esta nova denuncia prodúcese despois de que a dirección local do PSdeG de Vigo reactivara este mes un expediente contra Príncipe, o que considera “outra trampa para impedir” que se poida presentar ás primarias para elixir candidatos para as eleccións municipais de maio de 2015.

Príncipe denunciara en 2013 máis dunha vintena de contratacións supostamente “irregulares” de familiares ou achegados de cargos do PSOE na cidade olívica. Entre os que volveu sacar á luz, mencionou supostos casos de “desviación de poder” vinculados ao tenente de alcalde, Carmela Silva.

En concreto, asegura que unha irmá da edila, así como unha cuñada e as súas dúas irmás foron contratadas en programas de emprego do concello ou en subcontratas. Ademais, asevera que “polo menos” o posto da irmá e a cuñada de Silva poderían ser “empregos ficticios”, xa que nestes dous casos “non se puido acreditar a súa presenza” nos seus lugares de traballo”.

Por estas razóns, sinala que “cabe a razoable dúbida de pensar que o diñeiro municipal puido usarse para pagar servizos non municipais, como poden ser a necesaria atención aos aparatos electorais e administrativos da agrupación socialista vigués”.

Ademais, incide en que “hai unha trama organizada, non por casualidade, destinada a favorecer con empregos financiados con diñeiro publico a familiares directos de dirixentes socialistas do clan do señor Cabaleiro”, o que “está a danar a imaxe do PSOE en Vigo”.

13 de agosto de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.