publicidade hoxe

O Concello de Sober trasládalle o pésame á familia da veciña centenaria Dionisia Feijóo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, no nome do Goberno local, da Corporación e de todos os veciños e veciñas, trasládalle as condolencias á familia de Dionisia Feijóo, falecida hoxe aos cen anos.

Dionisia Feijóo Rodríguez naceu en maio de 1913. Era natural de A Pena de Gundivós. O enterro celebrarase mañá ás 16.30 horas na Igrexa parroquial de Gundivós. O seu corpo está a ser velado no Tanatorio de Sober, na Rúa do Comercio.

Terra de centenarios

Coa morte de Dionisia, o Concello de Sober pasa a ter nove veciños e veciñas maiores de cen anos aos que se sumará un veciño de Rosende que cumpre no mes de outubro.

29 de agosto de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.