publicidade hoxe

O Concello de Sober perfila o programa das Festas do Carme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A comisión organizadora das Festas do Carme de Sober comezou os pasados días o seu percorrido pola capitalidade para recadar fondos para os festexos. O Goberno local do Concello de Sober colabora tamén coa organización e agarda que un ano máis as festas cumpran as expectativas de todos os veciños e veciñas.

A celebración terá lugar entre o 19 e o 22 de setembro, este último festivo local e día no que se fará a tradicional paella xigante, que será de balde para todos e todas os participantes.

A comisión está a perfilar estes día o programa completo das festas, nas que haberá actividades relixiosas, infantís e bailes de tarde noite coa actuación de importantes orquestras. Tampouco faltará na programación a actuación da Banda de Música de Sober, como vén sendo habitual.

Presentación da XIX Feira da Rosca

Mañá o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, ofrecerá unha rolda de prensa no Concello na que estará acompañado polos rosqueiros para dar a coñecer o programa da XIX Feira da Rosca e outros produtos da Ribeira Sacra, que terá lugar o 11 e 12 de agosto na localidade.

4 de agosto de 2014 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.