publicidade hoxe

O Concello de Ortigueira reparte 1.000 euros en cheques regalo para dinamizar o comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O alcalde Rafael Girón fixo entrega este mediodía dun dos cinco cheques agasallos sorteados polo Concello de Ortigueira entre quen compraron na “IV Feira de oportunidades do comercio local”. En total, o goberno local repartirá durante o fin de semana 1.000 euros entre os clientes do outlet que se desenvolve até esta noite na Alameda, co ánimo de dinamizar as vendas e apoiar ao comercio tradicional da localidade.

O rexedor ortegano, que entregou un cheque á portadora do número agraciado por importe de 300 euros a trocar en calquera das tendas participantes na feira, subliñou tras o acto, a importancia do outlet, impulsado pola Concellaría de Emprego e ACO, e desenvolvido en paralelo á “Festa popular do deporte”, para animar o consumo e favorecer a actividade comercial no municipio.

Participan no evento, que está a contar cunha importante afluencia de público, Calzados Galofer, Libraría Ramos, Talleres Santiago, Boutique Mari Tere, Xoiaría Maite, Ciclos Cociña, Agasallos Olga, Comercial Senra, Outlet Multimarca e Eixo Atlántico 3000.

10 de agosto de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.