publicidade hoxe

O Concello de Ortigueira distribuirá 120 kg de marisco da ría entre os negocios de hostalaría participantes no “V Mercado Mariñeiro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

A Confraría de pescadores de Espasante conta cun pedido de 120 quilos de ameixa e berberecho con destino ao “Mercado Mariñeiro de Ortigueira”, que impulsa a Concellaría de Cultura e Turismo do 15 ao 17 de agosto. A oferta de tapas e menús con eses produtos, extraídos da ría de Ortigueira- Ladrido, en boa parte de bares e restaurantes do núcleo urbano emerxe como un dos alicerces desta iniciativa, impulsada polo goberno de Rafael Girón para potenciar o turismo na localidade e apoiar aos sectores do marisqueiro, hostalaría e artesanía locais.

O Concello reformulaba a proposta, facendo desaparecer a comida popular que, nos últimos anos, servía na Alameda un catering, convertendo ao sector hostaleiro en auténtica peza crave do Mercado Mariñeiro. Por iso, até 17 establecementos decidiron implicarse na iniciativa, tratando de seducir aos veciños e visitantes coas mellores tapas e menús mariñeiros.

O concello forneceralles gratuitamente unha parte da materia prima. Para iso, e en vista das previsións trasladadas pola Asociación de Comerciantes e Hostaleiros, efectuou unha reserva á Confraría de Pescadores de Espasante de 60 kg de ameixas e outros tantos de berberechos que repartirá entre os distintos negocios.

Por 15 euros ofertaranse menús elaborados cos mellores produtos da ría, en casa Giz, Soilán, Río Sor, O Fogón, Náutico, Manolo’s, Malecón e A Cabana do Fos. En paralelo, serviranse tapas mariñeiras (2 euros), ademais dos locais xa mencionados, Río Sor, O Fogón e Malecón, Don Pepe, Galaripos, Arcos, Ciclón, Alameda, Novo Club, Bodegón 90, e as cafetarías do centro social e do centro de recepción de visitantes.

O “V Mercado Mariñeiro de Ortigueira”pretende garantir a mellor promoción posible aos produtos da ría, e facelo coa activa colaboración do sector hostaleiro local, fomentando, na medida do posible o turismo gastronómico.

 

12 de agosto de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.