publicidade hoxe

O amistoso Deportivo-Celta converterá Pontevedra no epicentro do fútbol galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, afirma que o amistoso Deportivo-Celta que se disputará mañá en Pontevedra converterá a capital das Rías Baixas no “epicentro do fútbol galego”, e confía en que se produza unha numerosa afluencia de público para que se logre “unha grande inxección económica para o fútbol base de Galicia”.

A Deputación de Pontevedra tivo un papel moi activo nas negociacións para conseguir que o partido, organizado pola Federación Galega de Fútbol, se disputase en Pontevedra, debido ó compromiso que mantén co deporte base, tanto no que respecta ó apoio a clubs e deportistas coma na creación e mellora de infraestruturas, como é o caso do estadio de Pasarón, no que se vai disputar o encontro, ou do de Balaídos, para o que a Administración provincial xa comprometeu o seu apoio.

O encontro terá lugar mañá 13 de agosto, ás 21:30 h. Desde a Deputación de Pontevedra agárdase que este I Trofeo Federación Galega de Fútbol reúna numerosos afeccionados, que non só terán a ocasión de gozar do derbi galego por excelencia senón que, coa súa achega, axudarán a consolidar un deporte que practican milleiros de nenos e nenas en toda a provincia e a aliviar os apuros que están a pasar moitos dos clubs onde se forman estes cativos. Isto será posible dado que a recadación íntegra do partido se destinará ó fútbol base galego.

Neste sentido, Louzán quixo agradecerlles ós presidentes do RC Celta e do RC Deportivo, Carlos Mouriño e Tino Fernández, a súa implicación nesta iniciativa, que permitirá que Pontevedra se converta no centro do fútbol galego na xornada de mañá. “Será, asegura, unha verdadeira festa do deporte”, cun partido no que se van enfrontar “os dous equipos galegos que xogan na mellor liga do mundo”.

Para o titular da Deputación de Pontevedra esta presenza do Celta e do Deportivo en Primeira debe ser un “verdadeiro orgullo” para Pontevedra e Galicia

12 de agosto de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.