publicidade hoxe

O Acanor Novás afronta o seu quinto partido de pretemporada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

O novo Acanor Novás afronta o seu quinto partido de pretemporada este sábado, no que contan os seus 4 anteriores compromisos con marcador favorable. 

Tras deixar polo camiño a UB Lavadores primeiro e onte ao recentemente descendido da división de honra prata, as Construcións Castro de Fran Teixeira, agora é a quenda de bailar coa máis fea.

O Frigorificos do Morrazo Cangas, principal favorito a alzarse o vindeiro domingo en Tui, espera nas semifinais desta edición que cambiou de formato, pasando de celebrar a penúltima rolda e a final no mesmo recinto, a que o equipo peor clasificado a tempada anterior sexa quen albergue a súa “semi”, polo que no Rosal e Lalín recibirase ao equipo de Pillo e ao Teucro dos rosaleiros Marcos Dorado e César Armán respectivamente.

Practicamente os mesmos clubs que hai un ano estaban no cadro de honra, coándose entre eles o Embutidos Lalinense que onte apeou ao equipo que precisamente completou esa Final Four no 2013, a Academia Octavio.

Acanor Novás e Frigorificos de novo fronte a fronte, esta vez no Rosal, e nun duelo no que a punto estivo de saltar a sorpresa a pasada campaña. Os de Modesto, que dominaron durante gran parte dos 60 minutos, entraron no último minuto con máxima igualdade, pero un gol de Adrián Rosales con ameaza de pasivo, e unha última xogada errada do Acanor sobre a bucina, deu o billete á final ao equipo que militará un ano máis na liga ASOBAL.

Será este sábado, día 30 de Agosto, ás 19:00 horas. Entrada gratuíta.

27 de agosto de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.