publicidade hoxe

O Acanor At. Novás estrea web

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Despois dun verán de moito esforzo e dedicación por parte de Informática Jaime, o club rosaleiro dá un paso adiante en canto a difusión e modernización.

Este novo portal, cuxo link é www.atleticonovas.com servirá para estar ao día sobre calquera das categorías da entidade, os persoais, entrevistas, …

Cun formato sinxelo e intuitivo, será moi fácil de utilizar. 

O CLUB INICIA A PRETEMPORADA

Hoxe martes 12, ás 20:45 é a data que ten marcada o persoal para dar comezo aos adestramentos. O primeiro partido oficial será o xoves ás 20:30 en Lavadores.

Ti é a peza que falta!

Xa podes darte de alta como socio do Acanor Novás e gozar da próxima tempada, que a recado, estará chea de emoción e cun aumento de nivel considerable.

As modalidades son as seguintes, que inclúen as novidades en sub-25 e parados:

– Infantil (0-13 anos): 5 €. Este carné non é obrigatorio realizalo, é para quen desexen ter un carné “conmemorativo”.

– Xuvenil (14-17 anos): 15 €

– Sub 25 (18-25 anos): 30 €.

– Parado: 30 €. Válido para parados de mais de dous anos. Imprescindible presentar cartilla do paro.

– Adulto: 50 €.

Dándote de alta ou renovando o teu carné levaras totalmente gratis a nova bufanda do club.

12 de agosto de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.