publicidade hoxe

Negreira asina un acordo coa Deputación para promocionar o sector turístico na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, asinaron un convenio de colaboración para financiar o Plan de Competitividade Turística 2014, un proxecto que conta cun orzamento de 131.250 euros e dos que a institución provincial achegará até un 80%, é dicir 105.000 euros. O Concello destinará esta cantidade a desenvolver este ano campañas turísticas, accións como Saborea España, o Concurso de Tapas Picado e para a edición de diverso material promocional.

O Goberno municipal segue adiante coa súa aposta pola colaboración institucional para desenvolver programas e iniciativas en favor da cidade. Neste caso, o acordo permite potenciar o turismo na cidade, un dos ámbitos estratéxicos da Coruña, tanto polo seu papel como xacemento de emprego como por ser unha fonte de riqueza importante para o sector servizos.

O Concello destaca que o apoio da Deputación en materia de turismo serve para desenvolver o programa de 2014, un plan ambicioso que afianza o compromiso do Goberno municipal co sector turístico coruñés. A Coruña rexistrou unha marca histórica de pernoctacións e viaxeiros -en tres anos de goberno, superáronse o millón de viaxeiros e máis de dous millóns de pernoctaciones-, converténdose a cidade nun dos referentes turísticos do noroeste español.

Pola súa banda, o presidente provincial, Diego Calvo, explica que este convenio responde o compromiso da Deputación de axudar aos concellos en todo o que teña que ver coa súa promoción. “O turismo é un alicerce moi importante para a provincia”, lembrou Calvo.

Este plan municipal é unha boa oportunidade para manter a coordinación entre o Concello e o sector turístico da cidade, para ir da man e mellorar, fomentando A Coruña como destino gastronómico de primeiro nivel, como é a adhesiónde a cidade á plataforma Saborea España.

As accións promocionais e o material que se realizarán a través deste plan de competitividade contribuirán a xerar emprego e crear riqueza no sector hostaleiro, hoteleiro e no comercio coruñés, coas festas e o turismo cultural e familiar como as principais apostas do Goberno municipal. Así, o Plan de Competitividade Turística 2014 contribuirá a financiar accións que promove o Concello como a XI Edición do Concurso de Tapas Picado -que se celebrará entre os días 12 e 28 de setembro-, Saborea España e material promocional da Torre de Hércules e eventos gastronómicos, entre outros programas municipais vinculados ao turismo.

13 de agosto de 2014 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.