publicidade hoxe

Mobilízanse 62.000 euros no proxecto de mellora do firme que o plan marco desenvolveu en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseViana do Bolo
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá as obras levadas a cabo no concello de Viana do Bolo, recollidas no Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/2014.

O delegado territorial, supervisou os resultados dos traballos do concello vienés, acompañado polo alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, e polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Yago Borrajo. Estas actuacións, que contaron cun orzamento de 61.121 euros, consistiron na mellora do firme dos camiños de San Cibrao e dos Muíños de Pradocabalos. As obras realizáronse co obxectivo de facilitar a drenaxe lonxitudinal destas vías, que presentaban deficiencias severas na canalización e evacuación de auga.

Segundo salientou Rogelio Martínez, “con estas iniciativas búscase dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais”. O delegado territorial engadiu que as subvencións reguladas neste programa “están a contribuír á fixación da poboación e á diversificación económica destes lugares”.

O goberno autonómico investiu preto de 3.600.000 euros durante o exercicio 2013/2014 no Plan Marco para a consecución de melloras na provincia ourensá. Martínez destacou que estes investimentos “demostran o compromiso da Xunta co desenvolvemento das poboacións rurais da nosa provincia”.

8 de agosto de 2014 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.