publicidade hoxe

Máis de 1.300 cazadores participaron até o momento nos Cursos da Federación Galega de Caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroDeportesTui
A-
A+

As localidades pontevedresas de Barro e Tui, acollerán o próximo fin de semana os últimos cursos do calendario de Formación de Responsables de Cazaría da FGC,que arrincaban o pasado 14 de xuño en Silleda, aínda que non se descarta celebrar algún outro antes de que finalice o ano ante a gran demanda que están a espertar entre os cazadores.

A xornada formativa de Barro, terá lugar o sábado día 9 de agosto, de 18 a 22 horas, na Biblioteca Municipal, mentres que o domingo, día 10, a cita será no municipio de Tui, concretamente no local do palco das festas, en Randufe (Chan de Carrasco), en horario de 10 a 14 horas. Os cazadores interesados poderán inscribirse até o venres, día 8, na Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Tras a entrada en vigor da nova Lei de Caza de Galicia, a Federación Galega de Caza puxo en marcha, en colaboración co FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, un calendario formativo no que participaron, nos 13 cursos realizados até o momento, máis de 1.300 cazadores, de todas as provincias galegas, que recibiron formación sobre a nova lexislación, a organización das cazarías, as armas e municións, e sobre a seguridade e sinistralidade nas mesmas, nos que os participantes tamén tiveron ocasión de resolver dúbidas mediante preguntas a profesionais cualificados.

7 de agosto de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.