publicidade hoxe

Luís Emilio Batallán presenta o seu novo disco ‘Había que chegar’ en Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal Portada
A-
A+

O cantautor Luis Emilio Batallán estará mañá venres, 8 de agosto, en Celanova para presentar o seu novo disco “había que chegar”, un proxecto que segundo el mesmo ten declarado, pasa por ser o seu proxecto máis persoal, dado que varias das cancións que inclúe nel son da súa propia creación como letrista. No disco están presentes tamén poemas de Álvaro Cunqueiro, de María Mariño, e de Vicente Araguas, outro autor destacado da historia da música galega.

“‘Había que chegar” é, polo tanto, unha declaración de principios dun cantautor que leva 39 anos na música desde que revolucionou o mercado con aquel ‘Ahí vén o maio’ (con gran protagonismo letrista dos autores de Celanova) no ano 1975, que vendeu máis de medio millón de copias e que a día de hoxe sigue coñecendo vendas e novas versións de cancións míticas como o xa popular, porque é de todos, ‘Quen puidera namorala’.

O concerto estaba previsto inicialmente para ter lugar no Claustro Barroco do Mosteiro de San Rosendo, pero debido ás previsións meteorolóxicas que anuncian chuvias para a tarde noite de mañá venres, finalmente terá lugar no Auditorio Municipal Ilduara, a partir das 23,00 horas e será de entrada gratuíta.

Dada a relación que a súa obra musical ten fundamentalmente con Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, con toda seguridade no transcurso do concerto estarán moi presentes as coñecidas “Ahí ven o maio” ou “Nocturno”, de Curros Enríquez, ou “Agardarei”, “notas necrolóxicas” ou “Viaxeiro”, de Celso Emilio Ferreiro.

7 de agosto de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.