publicidade hoxe

José Ramón Álvarez advirte das estafas máis cotías en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O inspector xefe do Corpo Nacional de Policía, profesor do Centro de Formación da Policía e profesor doutor en Dereito da Universidade Católica de Ávila, e natural de Bulso, José Ramón Álvarez, pronunciou esta tarde un relatorio no Centro Sociocultural de Sober no que advertiu das principais modalidades de estafa, aquelas das que poden ser vítimas tanto as persoas físicas como as xurídicas, por exemplo unha empresa.

O soberino explicou que as estafas son tan cotiás “como a vida mesma” e na medida en que a tecnoloxía e a cultura progresan “o número destas prácticas vai en aumento e a sofisticación cada día é maior, servíndose para elo das modernas técnicas de comunicación”.

En relación coas estafas cometidas a través das redes sociais, o inspector xefe, precisou que se trata de delitos que se cometen a distancia, intermediados pola técnica e sen posible reacción inmediata da vítima. Explicou ademais que afectan a numerosas persoas e predomina a simultaneidade e a reiteración.

O profesor referiuse tamén a outro tipo de estafas, como as laborais, aquelas nas que se prometen traballos con incorporación inmediata ou remuneracións moi superiores ás de mercado para o que piden transferencias de diñeiro ou datos bancarios.

Compravenda de automóbiles a través de anuncios en webs de Internet, a prezos moi inferiores aos de mercado nas que se pide unha cantidade de diñeiro para reservalos.

Cartas nixerianas. Trátase de ilusionar á vítima cunha fortuna inexistente e pídeselle ingresar unha pequena cantidade de diñeiro para acceder ao premio.

Virus da Policía. Suplantan a identidade da Policía, sancionan cunha suposta multa por ter detectado no seu ordenador pornografía infantil, descarga ilegais ou notificacións ficticias para asistir a xuízos.

Estafas sentimentais. Son servizos de citas online nos que se demostra un interese sentimental e nas que se piden diñeiro para gastos.

Estafas de caridade. Suplantan a ONGs solicitando doazóns para catástrofes naturais, guerras, etc.

Phising. Recíbense correos fraudulentos, con apariencia de fontes de confianza e con símbolos e imaxes corporativas idénticas ás oficiais que enlazan con webs fraudulentas.

29 de agosto de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.