Ferido grave un home tras chocar co seu coche contra un muro en Nogueira de Ramuín
Un home resultou ferido de gravidade en Nogueira de Ramuín (Ourense), sobre as 14,30 horas deste sábado, tras saír da vía o coche no que viaxaba e chocar contra un muro.
En concreto, o accidente tivo lugar na estrada OU-0508, en concreto no quilómetro 6.800 á altura de San Miguel do Campo, segundo informaron fontes da Garda Civil de Ourense.
Ata o lugar do accidente desprazáronse a Garda Civil, unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao Complexo Hospitalario de Ourense, e un helicóptero do 112.