publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado onte no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Candeda.

O lume iniciouse ás 20:14 horas de onte e quedou extinguido ás 18:55 desta tarde. Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tras o parametrizado, a superficie afectada é de 60 hectáreas, a maioría de monte raso. Nos traballos de extinción deste incendio levan participado 3 técnicos, 7 axentes forestais, 25 brigadas, 13 motobombas, 2 pás, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

26 de agosto de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.