publicidade hoxe

En estado moi grave unha muller de 32 anos tras recibir un disparo da súa parella en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaSucesos
A-
A+

Unha muller de 32 anos de idade atópase en estado “moi grave” na UCI do Hospital Lucus Augusti (HULA) tras recibir un disparo da súa parella, segundo confirmou o propio centro hospitalario.

Segundo a información do 061-Urxencias Médicas, os feitos ocorreron sobre as 21,20 horas, e até o lugar do incidente desprazáronse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade lucense de Chantada.

Inicialmente, a muller, S.F.D., foi trasladada ao Hospital de Monforte, aínda que foi remitida ao HULA para, nunha operación de urxencia, extraerlle a bala.

27 de agosto de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.