publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detido un veciño de Xinzo tras ser sorprendido en posesión de 18 dose de cocaína

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press
Doses incautadas

Doses incautadas

A Garda Civil detivo a un veciño de Xinzo de Limia (Ourense) de 47 anos de idade que foi sorprendido en posesión de 18 dose de cocaína, polo que se lle imputa un delito contra a saúde pública.

Os feitos tiveron lugar poucos minutos despois das cinco da tarde, cando unha patrulla da Garda Civil identificaba ao agora detido ao volante dun turismo nunha vía de comunicación próxima á propia localidade de Xinzo.

Nesta xestión policial de identificación, os gardas civís confirmaron as súas sospeitas sobre esta persoa, ao localizar no seu poder e envoltas ou gardadas de diferentes formas un total de 18 doses de cocaína.

Por conseguinte, os axentes procederon á súa inmediata detención e á incautación da sustancia estupefaciente. O detido foi posto este luns a disposición da autoridade xudicial.

12 de agosto de 2014 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.