publicidade hoxe

Cotobade acollerá esta fin de semana a I Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCotobade
A-
A+
Presentación da I Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto

Presentación da I Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto

O vindeiro domingo día 10 de agosto celébrase, a partir das 14:00, na parroquia de Viascón (ao carón da Casa do Pobo) a I Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto, organizado por “Granxa O Castelo”, e contará co asador Xavier Giao.

Nesta primeira edición asaránse ao espeto tres becerros da raza autoctona Freiresa criados nos montes de Viascón na Granxa O Castelo, estando composto a menú por empanada, carne asada con cachelos, rosca, viño ou auga e pando; tendo un custo de 12 €.

Polo de agora xa se levan vendidas 500 racións e contáse cunha previsión de venta de 200 racións máis no propio día da festa.

A festa estará amenizada polo grupo de gaitas Foula e ao final da festa realizarase unha queimada popular con conxuro a cargo de Xavier Giao que posteriormente será amenizada cun karaoke. Para os nenos haberá unha zona habilitada con colchonestas hinchables. Ademais contarase cun mural informativo onde se exporá toda a información sobre a raza Freiresa.

O Alcalde Jorge Cubela e Concelleira María Pichel animan a que a xente se achegue este domingo a Viascón para participar neste evento gastronómico e poidan degustar un dos manxares dos que contamos nas terras de Cotobade.

Haberá zona habilitada para aparcamento.

7 de agosto de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.