publicidade hoxe

Cores Tourís comproba o remate da reforma da instalación da calefacción no CPI de Toural en Vilaboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilaboa
A-
A+
Cores Tourís en Vilaboa

Cores Tourís en Vilaboa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Vilaboa para analizar o remate das obras de reforma da instalación da calefacción que se realizaron no CPI de Toural.

Durante a visita, o responsable territorial analizou as necesidades deste centro en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, así como da tenente alcalde de Vilaboa, Ornela Fernández, e do concelleiro do PP en Vilaboa, Andrés Cal.

As obras consistiron na reforma integral da calefacción. En concreto, limpouse e revestiuse o depósito do gasóleo, renovouse a sala de caldeiras, instaláronse emisores térmicos e válvulas termoestáticas e procedeuse o illamento das canalizacións. “Gracias a esta mellora poderase regular de maneira localizada a temperatura, o que quere dicir que se poderá regular o calor e o frío dependendo da aula na que nos atopemos”, explicou o delegado territorial, que tamén aproveitou a visita a o centro para comprobar a instalación das pizarras electrónicas en vinte aulas do colexio, así como a implantación dos equipos Abalar.

“Estes traballos supuxeron un investimento de 47.313,42 euros e atopábanse como prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación”, matizou o responsable da Xunta en Pontevedra.

Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas outras melloras neste centro como son a reparación das portas do ximnasio, a reparación dos caños e a pavimentación e saneamento do patio, “esta última contando cun presuposto de case 60.000 euros”, explicou o delegado territorial. Cores Tourís engadiu que ademais se vai acometer a reparación das portas de acceso ó centro, investindo deste xeito máis de 52.000 euros no CPI de Toural no presente ano.

Cores Tourís destacou así mesmo que nos últimos anos lévanse realizado diversas obras de mellora e reforma nos centros de Vilaboa, nas cales se leva investido preto de 140.000 euros por parte da administración autonómica. “Este é un investimento moi importante para a adecuación e benestar dos centros do concello de Vilaboa”, engadiu o delegado territorial.

A Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo no presente ano na mellora dos centros educativos da provincia de Pontevedra. “En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e máis de 800.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns trescentos mil euros nos centros educativos da provincia”, sinalou Cores Tourís. Isto unido a colaboración por parte dos concellos, fai que a cifra ascenda aos tres millóns de euros.

28 de agosto de 2014 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.