publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal rexistrado en Carballeda de Valdeorras

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado onte no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Candeda.

O lume iniciouse ás 20:14 horas de onte e quedou controlado ás 13:25 desta mañá. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 80 hectáreas rasas. Nos traballos de control deste incendio levan participado 2 técnicos, 6 axentes forestais, 21 brigadas, 12 motobombas, 2 pás, 3 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

26 de agosto de 2014 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.