publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Constituído o Consello Regulador da Indicación Xeográfica protexida do Pemento de Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOímbraOurensePortada dereita
A-
A+

O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presidiu hoxe a reunión de constitución do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Oímbra. O acto tivo lugar esta mañá na casa do concello de Oímbra.

A aprobación do regulamento da IXP Pemento de Oímbra foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 15 de maio. O regulamento inclúe as características do produto protexido –aspectos como forma, peso, pel, etc–, a zona de produción –a totalidade da comarca ourensá de Verín–, as técnicas de cultivo, recolección, almacenamento, envasado e comercialización, entre outros aspectos.

Así mesmo, o documento especifica tamén os controis de calidade e rastrexabilidade sobre o produto, sinalando que se basearán en inspeccións ou auditorías das plantacións, almacéns e industrias, revisión de documentación e un control do cumprimento dos parámetros físicos descritos no propio regulamento.

A Consellería do Medio Rural e do Mar será a encargada de exercer a tutela administrativa sobre o Consello Regulador, sendo este o encargado da xestión da denominación Pemento da Oímbra. O control e certificación dos pementos acollidos a esta IXP competerá ao Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL).

1 de agosto de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.