publicidade hoxe

Concurso de tapas de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Tapas de Muimenta, que alcanzará a súa novena edición e que terá lugar entre os vindeiros martes 12 de agosto e o sábado 16 de agosto, ambos dous días inclusive.

– o horario do mesmo será entre as oito da tarde e as doce da noite (retrasándose media hora sobre o horario que se acostumaba a ter na edición de verán)

– o prezo por tapa non se modificará e continuará no 1,50 €ur. (como nas últimas edicións)

– participarán nove bares (relación ao final da presente nota cos teléfonos incluídos), que recibirán un diploma acreditativo (como ven sendo habitual dende a primeira edición)

– coma sempre, habrá dous locais gañadores, a mellor tapa según o voto do público e outro según o voto profesional, os cales non poderán recaer no mesmo negocio.

– manténse a posibilidade de utilizar o coñecido como “comodín”, que che permitirá deixar un local sen facer dos nove participantes e poder optar igual ao premio do rosco da ruta.

– tamén, a puntuación do xurado profesional mantense a fórmula: repartirase ao 50 % entre o voto que emitan os propios bares participantes, sendo a outra metade da puntuación a que emita os membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresrios, como se fixo na última edición do mes de decembro do 2.013.

– un microbús de Autocares Darriba percorrerá cada media hora a ruta dos nove bares, a partir das 8 da tarde para que non se teña que usar o coche.

– o público participante optara a premios por parcipar e votar, por un total de 600,00 € (seiscentos euros), que se distribuirán da seguinte maneira:

> tres vales con un valor de 100,00 € (cen euros) cada un deles, ao voto individual – ditos vales deberán ser canxeables nos negocios que son socios do colectivo empresarial de Muimenta.

> un vale por valor de 300,00 € (trescentos euros) ao rosco, é dicir, tarxeta selada nos noves bares participantes, que faga a ruta compreta ou utilicen a figura do comodín; este premio tamén en forma de vale a consumir nos negocios integrantes do colectivo empresarial da vila.

Nas anteriores edicións despacháronse o seguinte número de tapas:

2.013, en decembro, foron 3.849 tapas as despachadas e 345 roscos compretos, nun total de 4 días nos que se celebrou a oitava edición.

2.013, en agosto, foron 5.608 tapas as despachadas e 391 os roscos compretos do concurso, nun total de 6 días nos que se celebrou a sétima edición.

2.012, na súa edición de decembro, foron 2.890 votos e 211 roscos, edición que solo durou catro días.

2.012, en agosto, foron 4.473 tapas e 357 roscos, nun total de sete días de celebración da V edición

2.011 – 4.011 tapas entre os sete días que durou o concurso e 357 roscos

2.010 – 3.494 tapas, nos cinco días que durara o concurso, sendo 242 os roscos.

2.009, en decembro, foran 2.626, en seis días de duración e 118 roscos

2.009, en agosto, foran 2.031 tapas e 132 roscos – aumentando edición tras edición os números de participantes, consolidándose un dos primeiros concursos de tapas que se celebrou na comarca.

 

6 de agosto de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.