publicidade hoxe

‘Compárteo’, a aposta máis saudable de Vegalsa-Eroski, chega a Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+
Campaña 'Compárteo' en Culleredo

Campaña ‘Compárteo’ en Culleredo

‘Compárteo. Un espazo no que a estrela es ti’ é unha iniciativa da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski para achegar ao gran público as claves dunha alimentación saudable. Para iso, a compañía deseñou unha contorna itinerante co que busca informar o consumidor, dunha maneira amena e divertida, a través de xogos e talleres relacionados coas súas marcas: Eroski Sannia, Eroski SeleQtia, Eroski Natur, Belle, Eroski Basic e produtos Eroski.

‘Compárteo’ presta unha especial atención aos máis pequenos da familia, con diferentes xogos, actividades e pasatempos infantís. A través deles os nenos aprenderán conceptos básicos sobre alimentación sa, como cales son as froitas de cada tempada, as combinacións adecuadas de pratos para confeccionar un menú saudable ou os efectos do exceso de azucre, sal e graxa.

Este espazo estival que percorrerá distintos centros da compañía desde xullo até setembro, chega durante o mes de agosto ao Eroski Center de Acea da Ma (Culleredo, A Coruña) e permanecerá aberto de xoves a sábado, excepto festivos, en horario de 11:00h. a 15:00h. Conta coa colaboración do Concello de Culleredo e recibe as visitas dos nenos que participan nos campamentos do Colexio Díaz Pardo e do Colexio Vilaboa (que terá lugar mañá xoves, día 14). En total 52 nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos serán os protagonistas destes talleres interactivos, nos que recibirán, ademais de coñecementos e múltiples sensacións, un kit de avituallamento saudable.

Sempre preto do cliente

Vegalsa-Eroski busca con esta campaña unha nova vía de achegamento e comunicación cos seus clientes. É unha iniciativa participativa que convida a “pasar, xogar e gañar”. Tamén a compartir opinións, para o que lanza unha mensaxe: “A vida é mellor se se comparte”. O seu obxectivo último é informar o consumidor dunha forma divertida e próxima sobre alimentación saudable, así como coñecer a súa opinión sobre os produtos e servizos dos establecementos da compañía.

Esta actividade enmárcase na campaña Valores, que recolle o compromiso da compañía coa sociedade e a súa contorna. Dentro dela o cliente e a alimentación saudable ocupan un lugar central. Máis dun millón de persoas aposta por Vegalsa- Eroski para realizar as súas compras en Galicia, Asturias e Castela e León e a compañía considera fundamental coñecer as súas necesidades e opinións. Para iso leva máis de cinco anos desenvolvendo un proxecto de achegamento aos consumidores, para coñecer de primeira man as súas demandas e suxestións, e ao mesmo tempo informarlles sobre o consumo saudable.

As cifras dunha boa xestión

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 265 establecementos entre propios e franquiciados, baixo as insignias de Eroski/Center, Eroski/City, Autoservicios Familia e a súa franquía Aliprox. A súa estrutura comercial na nosa comunidade esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservicios Cash Marca de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

13 de agosto de 2014 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.