publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras de mellora do firme na estrada AC-934, ao seu paso por Sobrado dos Monxes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSobrado
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ven de iniciar esta semana as obras de rehabilitación do firme en dous treitos que suman preto de nove quilómetros da estrada que une Friol (límite de provincia) e Sobrado (AC-934), ao seu paso polo termo municipal de Sobrado dos Monxes. A actuación realizarase, por unha parte, entre os puntos quilométricos 12+800 e 17+300 -dende o límite da provincia ata a intersección coa estrada provincial a Abeleiras- e, por outra, entre o p.q. 17+300 e 22+000. A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, acompañada polo alcalde, Jacobo García, desprazouse hoxe ata esta zona para supervisar o estado as obras.

Esta intervención enmarcase no capítulo de conservación integral de estradas e conta cun investimento de máis de 250.000 euros. Segundo declarou Do Campo “con este tipo de actuacións buscamos prolongar a vida útil do firme destas vías, rehabilitándoas tanto estrutural como superficialmente”.

As obras consistirán na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados e na extensión de microaglomerados para o selado de grietas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, noutros tramos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición das marcas viarias, da sinalización vertical e dos elementos de balizamento. Tamén, onde necesario, levarase a cabo a limpeza das cunetas. Para a execución desta mellora precisarase fresar o firme e aplicar de mestura bituminosa quente ou formigón bituminoso.

A delegada territorial recalcou que as accións que se están efectuando “supoñen un bo exemplo do labor no que está centrado o actual Goberno galego en materia de estradas: mellorar as infraestruturas e o conxunto de variables para facilitar os desprazamentos, incrementar a comodidade dos usuarios e, en definitiva, incidir na redución da sinestralidade”.

Conservación e seguridade viaria

Unhas das prioridades da Consellería de Medio Ambiente é a conservación das estradas das que é titular. Nese sentido, a consellería ten previsto mobilizar ao longo do exercicio arredor de 306 millóns de euros en obras e contratos de servizo. A maior parte deste investimento diríxese a contratos de obra para actuacións de conservación e seguridade viaria, ás que se destinará preto de 190 millóns de euros, un 62% do total dos contratos de obra que se realizarán en 2014. Estas actuacións inclúen obras de reforzo de firme extraordinarias, así como a conservación de noiros e taludes que a Xunta puxo en marcha ao longo deste ano.

1 de agosto de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.