publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cementos Cosmos no punto de mira despois da licenza concedida pola Xunta para a canteira de Triacastela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoPortada esquerdaTriacastela
A-
A+
Europa Press

ageAlternativa Galega de Esquerda (AGE) acusou á Xunta de “servir de cómplice” á empresa Cementos Cosmos na tramitación da licenza da canteira de Triacastela, en Lugo.

   De feito, AGE asegurou que “a relación entre a publicación da sentenza que ilegalizaba a fábrica de Cementos Cosmos en Léon e a celeridade dos trámites para a concesión en Triacastela resulta máis que evidente”.

   Neste sentido, a formación parlamentaria integrada por Anova e Esquerda Unida condenou que a concesión da licenza de actividade á empresa Cementos Cosmos na canteira de Triacastela fose aprobada pola Xunta Local do Concello de Triacastela o pasado 1 de agosto, despois de someterse o expediente a información pública o 6 de marzo.

   “Normalmente este procedemento, pola súa complexidade, é moito máis longo no tempo”, reprochou o deputado de AGE Antón Sánchez ao Goberno autonómico. E é que para Sánchez “resulta evidente que Cementos Cosmos, ao ser ilegalizada a fábrica de León, tratou de axilizar a regularización da explotación en Galicia”. “E consolidar a súa situación legal”, agregou.

   Pero o deputado de AGE foi máis alá, pois remarcou que, para realizar isto, Cementos Cosmos “contou coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Triacastela”.

“PRIORIZAR OS INTERESES DA EMPRESA”

   Sobre estas dúas administracións, o parlamentario de AGE denunciou que “priorizar os intereses da empresa” sobre a correcta protección dos valores paisaxísticos, ambientais e patrimoniais afectados pola explotación”.

   Por todo iso, AGE insistiu en que “se revise de oficio todo o procedemento relativo á licenza de actividade da explotación mineira de Don Isidro”, en Triacastela; “a reclasificación levada a cabo no ano 2008″; e que “se ordene a paralización inmediata da actividade”.

15 de agosto de 2014 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.