publicidade hoxe

Celebración da primeira Xornada Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O martes día 12 de Agosto terá lugar a “I Xornada Futsal” que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar.

As sesións realizaranse ao longo do día e estarán divididas en dous bloques: unha sesión de adestramento específico do Santiago Futsal, e outra táctica colectiva. A continuación de cada sesión realizarase unha mesa redonda onde os participantes poderán participar nunha charla co corpo técnico sobre os métodos de adestramento do equipo.

A inscrición terá un custo de 25€, pago que se efectuará nas oficinas do club nos días anteriores á celebración da “I Xornada Futsal”. A inscrición deberá realizarse mediante correo electrónico á dirección administracion@santiagofutsal.com facendo constar nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e o nome do club de procedencia.

1 de agosto de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.