publicidade hoxe

Cabanas homenaxea a Elisa Abruñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

No aniversario do asasinato da veciña de Lavandeira, Elisa Abruñedo, o Concello de Cabanas e a Asociación de Mulleres Cabanas Rural van organizar un acto no seu recordo. O mesmo terá lugar o próximo luns, día 1 de setembro ás 20:00 horas. O lugar escollido será o Parque do Areal, xunto a Caseta de Información de Turismo do Concello de Cabanas.

Con esta homenaxe quere brindárselle apoio do Concello e dos seus veciños e veciñas á familia de Elisa Abruñedo. Ó mesmo tempo aproveitarase esta homenaxe para reclamar que a investigación do seu asasinato non caia no esquecemento e se continúen os traballos para resolver este crime que supuxo un gran impacto en Cabanas. Logo dun ano deste terrible incidente non hai ningunha resposta ó que aconteceu en Lavandeira e desta forma quere dicirse que ninguén se esquece de Elisa Abruñedo.

28 de agosto de 2014 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.