publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Atarraxe de emerxencia dun avión contraincendios durante unha extinción dun lume en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugoOuteiro de ReiPortada dereitaSucesos
A-
A+

O piloto da aeronave lixeira de carga en terra que tivo que efectuar unha aterraxe de emerxencia mentres participaba nos labores de extinción dun lume en Lugo resultou ileso e puido saír polos seus propios medios da aeronave.

A aeronave que participaba nos labores de extinción dun lume forestal en Lugo, na parroquia de Ombreiro, viuse obrigada a aterrar de emerxencia cando regresaba á base ao detectar un fallo mecánico no motor durante o voo, logrando tomar terra nun prado preto do lume no lugar de Carballido (Outeiro de Rei).

O aparello é un avión lixeiro de carga en terra, modelo Dromader, con capacidade para 2.200 litros de auga con base no aeródromo lugués de Rozas.

O incendio está controlado dende as 17:01 horas e na súa extinción están a traballar neste intre, 2 axentes forestais, 5 brigadas, 4 motobombas, 3 avións e 2 helicópteros.

26 de agosto de 2014 | 00:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.