publicidade hoxe

Allariza acolle unha nova edición do Mercado de Artesanía Arte de Man

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Area de promoción económica de Allariz está a organizar unha nova edición do Mercado de Artesanía Arte de Man. Así vén de publicar as bases para os participantes.

O 14 de setembro desenvolverase en Allariz a XII Feira de Artesanía “Arte de man”. As persoas interesadas en participar deben inscribirse cubrindo a folla que se xunta e remitila ao correo especificado. Tamén poden informarse no teléfono 988 442 210.

BASES

1. O vindeiro 14 de setembro celebrase en Allariz a XII edición do Mercado de Artesanía “Arte de man”, como medio de promoción e venda dos traballos dos artesáns locais e convidados.

2. O mercado desenvolverase nas prazas da vila. A organización pon a disposición dos interesados un stand de madeira, que os participantes terán que decorar tendo en conta que a feira discorre nun casco histórico.

3. Os artesáns que estean interesados deberán cumprimentar o formulario anterior e envialo xunto co seu currículo e material fotográfico recente dos seus traballos ó enderezo electrónico seguinte dinamizacioneconomica@allariz.com.

4. Este mercado está organizado polo Concello de Allariz, en colaboración coa Asociación de Artesáns de Allariz e nesta edición está previsto que participen un total de 25 postos, ó longo de todo o día do domingo 14 de setembro.

5. O prazo de recepción de solicitudes remata o 22 de agosto.

6. O mercado contará con demostracións de diferentes oficios.

4 de agosto de 2014 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.